Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense convértese na capital das letras de Galicia, ao comezar a ?Semana Auria da Literatura Histórica?
 Roberto Varela subliñou a importancia deOurense acolle dende este domingo, día 10 de outubro, ata o vindeiro domingo a ?Semana Auria da Literatura Histórica?, unha iniciativa enmarcada na celebración do Ano do Libro e da Lectura 2010 en Galicia e no Camiño da Reflexión do Xacobeo 2010.
No acto de presentación deste encontro literario ao que acudiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela subliñou que ?Auria? contribuirá a construír ?a expresión literaria do misterio, da paisaxe, da xente e da historia de Galicia?.
Persoeiros das letras galegas e casteláns acudirán a Ourense, entre os que se atopa nunha incorporación de última hora, o escritor Antonio Gala (domingo, 17, coa conferencia ?Propósitos?). A cita ten por obxectivo principal ?dar a coñecer ao público os autores máis prestixiosos, e tamén descubrir novos valores?, para o que se organizarán debates e mesas redondas sobre historia e literatura.
?Auria? sinala tamén que aposta pola participación de todos os afeccionados á lectura, os que a organización encarga que outorguen o título de I Novela Inmortal, o que se pode facer votando en urna na Feira do Libro ou a través da web oficial auria.xacobeo.es.
Xa hai unha relación de dez títulos propostos:
? Memorias de Adriano. Maguerite Yourcenar
? Trafalgar. Benito Pérez Galdós
? Quo vadis? Henri Sinkiewicz
? Espartaco Howard Fast
? El rey pasmado. Gonzalo Torrente Ballester
? Eu, Claudio. Robert Graves
? A morte de Virxilio. Hermann Broch
? A marcha Radetzky. Joseph Roth
? De noite baixo a ponte de pedra. Leo Perutz
? A batalla. Patrick Rambaud
A obra gañadora será homenaxeada co descubrimento dun monólito e unha placa na Praza do Bispo Cesáreo desta cidade, o domingo, 17, día do cerre de ?Auria?.
Os Xardíns do Posío serán o emprazamento da Feira do Libro. En doce espazos habilitados para a ocasión, as librerías participantes amosarán e porán á venda volumes do xénero e de materias relacionadas. Haberá unha sala de actos relatorios e debates sobre o fenómeno.

Por outra banda, as persoas que o desexen poderán compartir mesa con algúns dos destacados escritores que se acheguen a Ourense no que se denominada ?Encontro co autor?. O método para poder e facelo e apuntarse a través do correo electrónico info@aurialiteratura.es

Ester Fernández Paredes
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Tamén é polémico a situación da Feira no Posío en defecto da Al#blgtk08#ameda. Que pensades? Podedes opinar embaixo deste mesmo artigo.
Comentario por xián bobillo (16-10-2010 19:08)
2 Penso que a ubicacion no xardín do Posío estivo perfecta. A carpa instalada non cabería na Alameda e ademáis esta ubicació#blgtk08#n, co entorno do casco vello, o edifico do Otero Pedrayo, fan máis atractivo o achegamento a pé a este encontro literario
Comentario por opmedela (19-10-2010 17:12)
3 Este encontro literario pareceme estupendo e a ubicacion no Posío preceme correcta e máis ampla, penso que debería haber máis encontros como este. Aín#blgtk08#da que xa temos tódolos anos a Feira do Libro, este encontro tivo a presenza de moitos máis escritores e gústaronme as mesas redondas que se fixeron.
Comentario por cfcontrera (19-10-2010 17:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0