Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Proposta da Toponimia de Galicia
O SENADO APROBA A PROPOSTA PARA RESPETAR A TOPONIMIA OFICIAL DE GALICIA.
O día 14 de Outubro do 2010, o Senado aprobou unha iniciativa que insta o goberno a cumprir e respectar a normativa en materia da toponimia galega que recolle a Lei da Normalización Lingüística.
A moción foi presentada e defendida polo senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza.
Na exposición que este fixo denunciou a <> ca Administración Xeral do Estado fai na toponimia oficial de Galicia, ao incumprir as normas lingüísticas vixentes.
Nalgúns casos, corrixíronse esas deformacións, e o senador insistiu en que a Administración central segue utilizando unha e outra vez, topónimos ilegais, e puxo como exemplo a páxina web do ministerio de Cultura.
Ourense, La Estrada, Poyo e Villa de Cruces, son algunhas das <> que, segundo Pérez Bouza, pódense atopar no listado de Bens Inmobles do Patrimonio Histórico da páxina web do ministerio de Cultura.
En lugar de estas, recordase que a toponimia correcta é: Ourense, A Estrada, Poio, e Vila de Cruces.
Tras a fixación de posturas pedíuselle o Goberno que transmita as ordes precisas a todos os organismos e ministerios dependentes da Administración do Estado para respectar a toponimia oficial de Galicia en todas as súas publicacións.
Tras a aprobación de esta moción, pedíuselle o executivo que realizase todo o que puidese para actualizar as bases públicas e corrixir os errores que as mesmas presentan.

Raquel Iglesias Meiriño.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 De sentidiño común, ou logo é de recibo chamar polos lugares de Ourense con nomes palleiros como Junquera de Ambía ou Sejalbo? Está #blgtk08#ben que teñamos introducido o castrapo nas nosas vidas pero os lugares, os sitios, a microtoponimia non ten culpa da nosa deixadez!
Comentario por xián bobillo (16-10-2010 19:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0