Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O VERDADEIRO SENTIDO DA TRADICIÓN DO ENTROIDO EN GALICIA

Non se sabe con certeza a orixe do Entroido pero a maioría pensa que e unha tradición celta, que coa chegada do cristianismo, esta festa pagán foi cristianizada. O seu significado ven posiblemente da despedida dos longos e duros días do inverno.
Existen dous termos que denominan a festa: o termo ?Carne Vale? que e o adeus a carne (período de abstinencia de carne a Cuaresma que comeza o Mércores de Cinza); e o termo ?Introitum?, que e a entrada da Cuaresma.
En Galicia celébrase dende sempre, sendo de fonda tradición na provincia de Ourense e nalgunhas partes de Lugo, onde se mesturan as tradicións ancestrais con outros elementos mais novos.
Os mais tradicionais das nosas costumes en carnaval son os ?ritos de grupo?: Os Cigarróns, personaxes enmascarados adornados; as Pantallas, viandantes con dúas vexigas cheas de aire; Os Peliqueiros, personaxes animalizados, que non falan e levan chocas como os animais e zorréganlle a xente e levántanlle as saias as mulleres; os Correos, que van polas casas pedindo unha doazón; os Xenerais que disfrazados con sombreiros medallas cantan a veciñanza acompañados polos Correos.
No Entroido son moi común os discursos, os testamentos e os arranques e coplas, nas que se satiriza a realidade e dos feitos no último ano referidos aos veciños e as institución públicas.
E ultimo temos o elemento fundamental da nosa tradición: a gastronomía do Entroido: a cachucha, sa filloas, a bica, as orellas, a androlla, os doces, os chourizo e o noso cocido.
Todo o que vai engadido a todas estas tradicións e un valor engadido que nada ten que er co tradicional e que ven dado por outras culturas impostas pola globalización das costumes. Polo tanto non debemos esquecernos do verdadeiro sentido do noso Entroido e seguir coas nosas tradicións ancestrais dos nosos antepasados.

Adrián Lamas Silva
1ºA

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Se tedes oportunidade, pasádevos polo Entroido de Viana do Bolo. O seu FOLIÓN é algo digno de vivir alí, naquela pequena praza, onde tremen os cristais das fiestras, as lousas do chan e ata a auga da fonte treme, ao son#blgtk08# dos sachos e dos martelos, de bombos e de "Boteiros". Un espectáculo de son que non creo que haxa en ningures. Logo, a "Burra", coas súas falcatruadas e as carreiras de fariña...

Abofé que merece a pena!
Comentario por A nena do paraugas (07-02-2010 21:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0