Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Internet, con prudencia

As redes sociais e a seguridade na Red abriron as xornadas «Diversión ou Delito» no colexio Divina Pastora de Ourense.
A Internet todos, adultos e menores, debemos enfrontarnos con interese pero con prudencia. É o consello que dan os membros da Garda Civil que traballan na brigada dos delitos informáticos. Guillermo Díaz e Alfonso Limia falaron precisamente onte das redes sociais nas xornadas Diversión ou Delito no colexio Divina Pastora de Ourense. Guillermo Díaz, sarxento, sinala que Internet «é unha ferramenta tan legal como un coche, pero hai que facer un uso prudente da informática. Os menores teñen que ter coidado porque moitas veces poden estar a falar con persoas que non son quen cren que son porque en Internet méntese moitísimo».
En Ourense, a Garda Civil traballou con temas relacionados coa Red que acabaron en agresións sexuais, pornografía infantil, usurpacións de correos electrónicos e de perfís. «En Ourense en xullo pasado explotou unha operación nacional con implicados nun caso de pornografía», sinala Díaz.
Usurpacións
De usurpacións de correos teñen casos en Celanova, no Carballiño e na cidade de Ourense. Esas usurpacións baséanse en ex noivas, ex noivos, que adoitan coñecer os seus contrasinais. «Iso vese nas rupturas de parellas novas. Temos un caso sen terminar de inclusión de fotos dunha menor espida. Foi unha denuncia do pai da nena», engade o sarxento.
O axente Alfonso Limia conta que en Ourense tiveron o caso dunha menor que a través dun foro entrou en contacto con outra persoa que ao final nin resultou ser a que ela cría nin tiña a idade que dicía ter. «Esta chiquita fixo unha viaxe de máis de cen quilómetros para vir ver a ese contacto e atopouse cun señor nunha cita que case deparou en agresión sexual. Terminou todo nunha denuncia, seguiuse o rastro e atopouse unha web con fotografías da nena, comentarios, conversacións....», explica.
Convén saber que cando usamos Internet deixamos rastro. «Ata hai empresas rastrexan a web, captan información de usuarios. O uso indebido ou pouco prudente de Internet pode chegar a facer que se cometan delitos, que se deixa rastro e que non hai impunidade. Moitos pensan que como están no salón da súa casa co computador poden facer o que queiran que ninguén os ve. Iso é mentira. Pódenche rastrexar», advirte Guillermo Díaz.
Os mozos son pouco precavidos ou pensan que o que fan non ten repercusión. O sarxento explica que teñen que ter coidado coas fotos que colgan. «Poden pór a dun familiar que sexa, por exemplo, policía nacional e pódena ver grupos terroristas e saben que fulano é policía porque picas na foto e les: O meu tío X, que é policía nacional», di Guillermo Díaz.
Moita información
«En Twenti , Facebook desde un perfil cero que creamos chegamos a ter moita información de xente. Hoxe, desde unha dirección de correo pódese obter moita información por vías ilícitas. Cada vez que navegamos deixamos rastro de moitas cousas, desde o navegador ata o sistema operativo», sinala Limia. Ambos os axentes recordan que, con prudencia e sentido, nunca hai que ter medo a Internet.
SARA GARCÍA DOPAZO
1º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0