Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Olimpíada Matemática galega

Así si saen as contas!

Sacando punta ós lapis, repasando unhas últimas fórmulas, o reloxo ía marcando as dez da mañá, e rapazas e rapaces, vidos de tódolos colexios de Galicia, preparábanse para a Olimpíada matemática que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado día 15 de Xaneiro.
Foron tres os colexios ourensáns que se sumaron a olimpíada, e entre eles o noso, onde eu e a miña compañeira Alba Rivas decidimos participar, representando ó centro. Dende a opinión persoal, salientar desta nosa cita en Santiago, as altas facultades dos alí presentes, pois o nivel dos rapaces en xeral era excelente. Lamentablemente, e como esperabamos ante a preparación e os dotes dos demais competidores, non tivemos nada que facer e non conseguimos premio ningún; aínda así o gozar daquel día no que puidemos conversar con outros rapaces e decatarnos do alto nivel que os nosos compañeiros galegos teñen, foi para min algo que traer de volta aínda que non brille nin sexa da cor da prata; xa que realmente entre os 166 que eramos, non era sinxelo coarse entre os nove espelidos que competirán polo título nacional, nunha xornada que terá lugar en Valladolid. Para finalizar a xornada pechouse cun pequeno acto, presidido pola decana da Facultade de matemáticas, o reitor, e o conselleiro de educación quen non dubidou en dirixir unhas palabras ós futuros matemáticos alí presentes sinalando o fervor que sinte cara a linguaxe matemática, e digo eu que é unha mágoa que só lle guste a linguaxe da matemática e non a dos galegos, pero ese xa e outro tema.

Para finalizar este breve artigo, quero describir o sabor de boca co que volvín a casa logo da olimpíada; pois ben, foi un sabor a desacougo, desasosego, inquedanza; non só pola facilidade coa que algúns resolvían problemas para min imposibles, se non por todo aquelo que me queda por aprender, todas as cousas que aínda non sei, porque só sei que non sei nada, teoremas que descoñezo, regras que nin me soan, materia que nunca se deu, clases en branco que quedaron sen dar por uns mestres que deixaban moito que desexar. A miña intelixencia permuta e faise invisible cando a comparamos con outras mentes privilexiadas, as súas probabilidades de éxito en unidades de realidade, nin raspuñan unhas décimas da unidade.

Só me queda dárllelos parabéns ós gañadores, en especial a esa rapaza de Nigrán; NORABOA!

Sara García Caride
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0