Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Festival de Cine Independente |
|
Entre os días 10 e 17 de outubro celebrouse en Ourense a XIV edición do festival de cine internacional, que acolleu 200 produccións das 1.245 recibidas dende 80 países.
Esta edición foi especialmente significativa para Galicia e en concreto para a cidade de Ourense posto que rendíaselle homenaxe a un dos máis importantes escritores da historia de Galicia, Eduardo Blanco Amor, dado o 50º aniversario da publicación da súa novela ?A esmorga?, obra que tamén puidemos ver no auditorio municipal coa súa representación teatral, e a que se rendeu homenaxe a través da proxección da película ?La parranda?, baseada na devandita novela.
Tamén se rendeu homenaxe ó recentemente falecido cineasta ourensán Eloy Lozano, fundador, entre outros, deste Festival e por seren un dos máis orixinais cineastas galegos independentes na súa loita por facer chegar a Galiza o cine de calidade de todo o mundo e por desenvolver a cinematografía do seu país. As súas obras representadas foron; Quen son? e Negra Sombra.
O outro homenaxeado foi cineasta escocés Norman McLaren, un dos creadores máis innovadores do cinema de animación do século XX, do cal se emitiron ata vinte curtos.
Algúns dos premiados do certame foron:
- Premio á mellor película "PESCUIT SPORTIV" do director rumano Adrián Sitaru.
- Premio ó mellor documental "INTIMIDADES DE SHAKESPEARE E VÍCTOR HUGO" da directora mexicana Yulene Olaizola.
- Premio á mellor curtametraxe "LOFTET" do director danés Anders Osterballe.
- Premio ó mellor filme realizado en Galicia ou Portugal "O PINTOR DE CEOS" do director galego Jorge Morais.
Este festival conta tamén cun certame para escolares co obxectivo de impulsar o idioma galego entre a mocidade, fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo e potenciar o uso das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino. As bases para participar en seguintes edicións pódense consultar na páxina web www.ouff.org , na pestana OUFF ESCOLA.
Un saúdo.
Pedro 2º B
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|