 O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e a Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do Hospital Álvaro Cunqueiro porán á disposición de pacientes diagnosticados coa enfermidade de Crohn ou de colite ulcerosa unha aplicación para o seu autocoidado. Rebeca Díaz, coordinadora do grupo Information and Computing Lab de atlanTTic, e responsable da parte técnica do proxecto xunto ao docente e investigador Manuel Caeiro, do grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos, explica que, de momento, teñen un piloto que probarán con 160 pacientes e, en outubro, espéranse os primeiros resultados para poñer a aplicación a disposición dos doentes.
Segundo continúa explicando a investigadora da UVigo, crearon un total de 25 unidades didácticas, baseadas en vídeos de pequenos cuestionarios interactivos para poder definir diferentes itinerarios formativos en función do tipo de tratamento e enfermidade do paciente. “Desenvolvimos o conxunto da plataforma co contido facilitado polo equipo de Dixestivo” apunta Díaz.
Silvia Martínez Pedrouzo
1º - Bach-A |