 A organización prevé que durante a fin de semana pasen polo recinto 9.000 persoas aproximadamente.
A Ouren Sound Fest volve a partir deste venres no seu formato habitual nunha sétima edición que contará con artistas e grupos de diversos xéneros musicais. Benposta reunirá no escenario a Tanxugueiras, Rayden, Sés e Xoel López, entre outros. Un evento que reunirá a miles de persoas e que, ademais de música, contará cun mercado artesán.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, no acto de presentación asegurou que "é unha práctica recuperar a celebración completa da festa". Ademais, engadiu que a Deputación seguirá colaborando con este tipo de eventos porque ten a "firme convicción" de que "as actividades culturais e todo o que move o sector cultural son fundamentais para o desenvolvemento do noso territorio".
Valentina Fernández Colmenero
1º Bach - A |