Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Varíola do mono: dan negativo os tres casos sospeitosos pero aparecen dous novos na Galiza
No Estado español hai xa 98 positivos confirmados e fica á cabeza dos contaxios no mundo, por riba do Reino Unido e Portugal.
A rede sanitaria estabelecida pola Consellaría de Sanidade para avisar de posíbeis casos sospeitosos de varíola do mono detectou outros dous novos na Galiza, logo do resultado negativo dos tres iniciais en estudo.
Así o confirmou esta sexta feira, a preguntas dos medios, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen explicou que "había tres primeiros sospeitosos que apareceron" e "xa está confirmado que o resultado é negativo". "Por tanto, non se trata de casos de varíola de mono", apostilou.
Con todo, anunciou que "agora hai outros dous que tamén son sospeitosos" e están "en período de análise", polo que "aínda están sen confirmar nun sentido ou noutro".
Por iso, o presidente da Xunta insistiu en que "a día de hoxe non hai ningún caso confirmado" de varíola de mono no país tras "eses tres xa descartados".
Case 100 casos no Estado español
Porén, si se incrementaron os positivos confirmados no conxunto do Estado español, onde ascenden a 98, isto é, 14 máis que os que había rexistrados na quinta feira.
Aliás, o Instituto de Saúde Carlos III (Madrid), encargado das análises, recibiu até o momento un total de 200 mostras pertencentes a casos sospeitosos de monkeypox ou varíola do mono —entre elas as da Galiza—, 43 novas sospeitas nas últimas 24 horas.
Deste modo, o Estado español fica á cabeza do mundo en contaxios deste gromo de varíola, seguido do Reino Unido, con 90, e Portugal, con 58. En total, unha vintena de países notificaron xa positivos, que no seu conxunto achéganse aos 300.


Carla Mascareñas Miranda
1º Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2022 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0