 En que se basean as aplicacións que empregamos para recomendarnos a música que nos gusta ou as persoas que nos resultan máis atractivas? Todo se basea en algoritmos. Non obstante, o seu funcionamento non é demasiado coñecido. Co obxectivo de revelar as súas claves, un equipo de investigadores da Universidad de Auckland, en Nova Zelandia, analizaron os documentos legais —termos de uso e políticas de privacidade— de dúas das aplicacións máis empregadas no mundo: Spotify e Tinder. A investigación acaba de ser publicada en Journal of the Royal Society of New Zealand
“A pesar da súa poderosa influencia, hai poucos detalles sobre o funcionamento dos seus algoritmos”, di Fabio Morreale, un dos autores. Máis en concreto, analizaron Tinder e Spotify porque as dúas plataformas se basean en algoritmos de recomendación: a primeira, para relacionar persoas; a segunda, para escoitar cancións específicas. “Os seus algoritmos pasáronse bastante por alto, sobre todo en comparación coas empresas tecnolóxicas máis grandes como Facebook, Google ou Tik Tok, que se enfrontaron a un maior escrutinio”, continúa apuntando. “A xente pode pensar que son máis benignos, pero seguen sendo moi influentes”, engade.
Silvia Martínez Pedrouzo
1º Bach-A |