Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A novela negra está de loito
A noticia sorprendeu a todos: Domingo Villar falecía onte, con tan só 51 anos de idade, tras sufrir un infarto cerebral. O autor, pai do noir galego e un dos escritores con maior proxección internacional, deixa unha triloxía policial de enorme éxito popular e un volume de contos que se converteu na súa derradeira obra.
A novela negra, que paradoxo, está de loito. A morte de Domingo Villar aparca o debate sobre se debemos falar de policíaca ou de noir para pór en primeiro plano a protagonista real do xénero, a morte. A morte imprevista e sorprendente -en realidade, todas o son- que alcanzou onte a un autor que creou unha etiqueta, un xénero propio: a novela negra galega. Domingo Villar faleceu con só 51 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresara na segunda feira tras sufrir un infato cerebral.
Villar era un escritor atípico, alguén que parecía ser un autor ao seu pesar. Escribía sen alardes, con ambición -declaraba ter tirado centos de páxinas ao lixo por non posuíren a emoción que se lles esixía-, mais sen asomo da autosuficiencia e da egolatría que tantas veces se lles atribúe aos creadores. Fuxía dos focos, mais era extremadamente amábel cando daba unha entrevista. Non parecía crer nos grandes discursos que xustifican a obra, mais explicaba a súa cunha naturalidade que desmontaba calquera suspicacia.
Se cadra era unha persoa que observaba o mundo coa mesma distancia irónica que Leo Caldas, o personaxe que lle deu popularidade desde a primeira novela, Ollos de auga. O inspector da Policía Nacional, afeccionado ao jazz e á viguesa taberna do Elixio, contou desde o primeiro momento co favor do público, que o catapultou á fama e o consolidou como o creador dun novo estilo de facer policiais: nacera a novela negra galega.
Inapelabelmente ligado á paisaxe da ría de Vigo e a un carácter galego reflexivo e retranqueiro -e comicamente incomprensíbel para o seu axudante zaragozano-, Leo Caldas reapareceu na seguinte novela de Villar, A praia dos afogados, que o afianzou como un dos escritores da Galiza con maior proxección internacional.


Carla Mascareñas Miranda
1 Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-05-2022 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0