Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Como funciona Pegasus? O ‘software’ que espiou os teléfonos de Sánchez e Robles
Maio comeza cunha forte convulsión política. Moncloa revelou nas primeiras horas da mañá de hoxe que os teléfonos móbiles do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e da ministra de Defensa, Margarita Robles, foron espiados co software Pegasus. Así o constatan os informes do Centro Criptológico Nacional (CCN), adscrito ao Centro Nacional de Inteligencia (CNI), nos que se rexistran dous ataques nos meses de maio e xuño de 2021. O ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, describiu as intervencións como “ilícitas e externas” e asegurou que o Goberno xa puxo o caso en coñecemento da xusticia. A noticia dáse a coñecer tan só unhas semanas despois de que saltase o “caso Pegasus”, no que máis de 60 independentistas cataláns vinculados ao procés foron espiados a través do mesmo software.

Cabe preguntarse cales son as claves desta plataforma, xa coñecida por estar detrás doutros casos tan polémicos como o de Jeff Bezos e o do xornalista Jamal Khashoggi. “Pegasus é un software espía que se instala nun teléfono sen coñecemento do usuario. Ten acceso a practicamente todos os contidos. Non só fotos, vídeos, mensaxes ou whatsapps. Tamén permite activar en remoto a cámara e o micrófono”, explica o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez. É dicir, Pegasus nun só é capaz de extraer información xa almacenada nos dispositivos móbiles, senón que pode facer unha espionaxe en tempo real. “Se pensamos na cantidade de información que temos hoxe en día nos teléfonos, isto é moi preocupante”, incide Suárez.


Silvia Martínez Pedrouzo
1º - Bach - A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-05-2022 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0