Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Allariz retoma a Festa do Boi con case 50 actividades
Allariz xa ve os cornos do boi. O Concello e a Asociación Cultural Xan de Arzúa anuncian que o vindeiro mes de xuño a mítica Festa do Boi volverá á rúa con preto de 50 actividades.

O municipio recupera esta festa que non se podía celebrar con normalidade dende 2019 polo covid. Agora, cunha situación máis favorable, a música, o teatro, as actividades infantís, as tertulias populares e, por suposto, o famoso boi ocuparán durante nove días a axenda.

A celebración comezará o 11 de xuño e prolongarase ata o día 19 con saídas todos os días. A Asociación Cultural Xan de Arzúa aposta un ano máis por potenciar o carácter cultural e histórico desta festa que forma parte do ADN de Allariz. E, para iso, ofrecerá procesións medievais nas que participarán máis dunha vintena de confrarías, entre outros atractivos. De feito, anunciaron que preto de 500 persoas ataviadas con traxes tradicionais representarán de forma lúdica a orixe da festa.

Tamén están programadas actividades para os máis pequenos, unha cea popular e, como non podía ser doutro xeito, numerosas saídas do boi: doce en total ao longo dos nove días, que se anunciarán con seis bombas.

A organización pide seguir as recomendacións para vivir esta experiencia coa máxima seguridade. Non tocar o bois, prestar atención aos movementos do animal, extremar a precaución cos máis pequenos e acudir aos dispositivos de emerxencia se é necesario.


María Ferreiro - 1º Bach - A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-05-2022 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0