Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece unha moza galega na explosión que tivo lugar na Habana
Unha moza galega de Viveiro (A Mariña), con identidade C.L. e nada en 1993, faleceu pola explosión acontecida na sexta feira no Hotel Saratoga da Habana (Cuba). O seu compañeiro, das Pontes (Eume), atópase grave.
Ademais, segundo informaron fontes próximas á súa contorna, permanece en estado grave o compañeiro dela, un mozo nado en 1991 e veciño das Pontes (Eume). Ambos permanecían de vacacións na zona.
As autoridades cubanas informaron de máis dunha vintena de mortos pola explosión, atribuída a unha fuga de gas e que provocou danos en toda a zona, adxacente ao casco antigo da capital cubana.
Os servizos de emerxencia seguiron a traballar durante toda a noite no lugar, en busca de novos cadáveres e mesmo de posíbeis sobreviventes, segundo medios oficiais.
Aumentan a 25 as persoas falecidas
Polo menos 25 persoas morreron pola explosión rexistrada na sexta feira no Hotel Saratoga da Habana, segundo un novo balance de vítimas actualizado tras a recuperación de varios cadáveres máis durante este sábado.
O presidente cubano, Miguel Díaz-Canel, encomiou o labor dos "heroes" que, nestas "horas terríbeis", seguiron traballando durante toda a noite en busca de posíbeis corpos ou sobreviventes atrapados entre os cascallos.
"É moi lamentábel o ocorrido, a destrución, sobre todo as perdas de vidas, e tamén as persoas lesionadas, pero unha vez máis quero destacar a rapidez con que se mobilizaron a poboación e as institucións. Primou a solidariedade", destacou.
As autoridades locais atribuíron a explosión a un accidente, ocorrido aparentemente durante o traslado de gas desde un camión aparcado xunto ao estabelecemento hostaleiro.


Carla Mascareñas Miranda
1 Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-05-2022 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0