Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os adolescentes cun uso intensivo da internet triplican as taxas de depresión
A presenza de internet no noso día a día xa é incuestionable. Revisar o móbil mentres comemos, imos en transporte público ou esperamos a coller o pan é unha rutina. E isto non é exclusivo dos adultos, senón tamén dos adolescentes. De feito, o 92% da rapazada galega ten un teléfono de seu con acceso a internet. Co gallo do Día da Internet Segura, que se celebra hoxe, Unicef Galicia, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), presentou Impacto da tecnoloxía na adolescencia en Galicia, un informe no que participaron máis de 3.000 adolescentes e no que se aborda, de maneira cuantitativa e cualitativa, a súa relación con internet.

“Os niveis de satisfacción coa vida e o benestar emocional son peores entre os adolescentes cun uso frecuente e intenso da tecnoloxía. De feito, as taxas de depresión son ata tres veces maiores”, apuntou o psicólogo e investigador da USC e responsable do estudo, Antonio Rial. A este respecto aclarou que non está demostrada unha relación causa-efecto, pero que si hai “unha asociación clara e indubidable en todos os sentidos”.


Silvia Martínez Pedrouzo
1º Bach-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2022 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0