 A celebración non se celebraba con normalidade desde 2019 debido ao coronavirus.
Allariz xa ve os cornos do boi. O Concello e a Asociación Cultural Xan de Arzúa anuncian que o vindeiro mes de xuño a mítica Festa do Boi volverá á rúa con preto de 50 actividades.
O municipio recupera esta festa que non se podía celebrar con normalidade dende 2019 polo covid. Agora, cunha situación máis favorable, a música, o teatro, as actividades infantís, as tertulias populares e, por suposto, o famoso boi ocuparán durante nove días a axenda.
A celebración comezará o 11 de xuño e prolongarase ata o día 19 con saídas todos os días. A Asociación Cultural Xan de Arzúa aposta un ano máis por potenciar o carácter cultural e histórico desta festa que forma parte do ADN de Allariz. E, para iso, ofrecerá procesións medievais nas que participarán máis dunha vintena de confrarías, entre outros atractivos. De feito, anunciaron que preto de 500 persoas ataviadas con traxes tradicionais representarán de forma lúdica a orixe da festa.
Valentina Fernández Colmenero
1º Bach - A
|