 Aínda que as invitadas eran a xornalista científica Marta do Amo e a responsable de relacións institucionais da poderosa rede social Tik Tok Yasmina Laraudogoitia, o gran aplauso da xornada de onte na ICC Week levoullo unha alumna ourensá sentada no público que, na quenda de preguntas sobre a innovación en redes, consultou a Laraudogoitia sobre as normas da comunidade que en ocasións bloquean un contido e permiten outro.
“Por que se lle dá visibilidade á mala educación de Naim Darrechi e a min ás veces non se me permite subir un vídeo en bikini ou en roupa que se considera inadecuada cando si é adecuada?”, consultou a moza nos asentos do Marcos Valcárcel, cheos de estudantes de Maristas e Franciscanas. A estudante preguntou polas polémicas de Darrechi, un mozo tiktoker (creador de contido na citada rede) de 20 anos que hai apenas uns meses xactábase nunha entrevista de manter relacións sexuais sen protección e asegurando que ás súas parellas dicíalles que “era estéril”.
Nerea Formoso Requejo. 1º Bach-A
|