Instrumentos cos que tocaron, roupa que levaron, discos que editaron, entradas dos seus concertos, libros e todo tipo de obxectos relacionados con The Beatles. O Centro Cultural da Deputación de Ourense abre desde o venres a maior exposición sobre o grupo británico que se organizou ata o de agora en España. Así o manifestou o presidente da institución provincial, José Manuel Baltar, que é un dos coleccionistas privados que achegaron os obxectos que forman parte da mostra. Fan declarado de The Beatles, o titular da Deputación destacou que nunca antes reuníronse nunha exposición en España tantos obxectos relacionados coa banda de Liverpool.
Ademais, os visitantes poderán fotografarse #ante grandes paneis coas portadas míticas dos seus discos, como Sgt. Pepper' s Lonely Hearts Club Band ou Abbey Road. Tamén se reproducen escenas icónicas como a da habitación de hotel desde a que John Lennon e Yoko Ono reivindicaron a paz en Vietnam no ano 1969. Pode verse, por exemplo, o kimono que utilizou Lennon no vídeo de Imaxine.
Xosé Lois Vázquez foi o encargado de coordinar a montaxe da exposición, comisariada por Chema Ríos, que tamén é un apaixonado de The Beatles e recompila material relacionado coa banda. «Hai moitas persoas que colaboraron. Eu non me considero un coleccionista, pero sempre me gustou entrar no mundo de The Beatles e, como non puiden tocar con eles, é unha forma de achegarse», explicou Ríos. « Dubido moito que cousas que se estean compoñendo hoxe teñan vixencia dentro de sesenta anos», sentenciou Baltar.
A exposición forma parte do programa da ICC Week, un festival cultural organizado pola Deputación de Ourense que este sábado incluíu tamén un concerto de Homes G.
Valeria Labandeira
2º BAC |