Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Francia elixe este domingo entre os modelos irreconciliables de Macron e Le Pen
Unhas 70.000 mesas electorais abriron as súas portas hoxe ás 8.00 en Francia para a segunda volta das presidenciais co duelo entre o candidato á reelección, Emmanuel Macron, e a ultradereitista Marine Le Pen. Uns 48,7 millóns de electores decidirán hoxe que presidente da República terá Francia durante os próximos cinco anos.
A pesar de que unha inmensa maioría de franceses rexeitaban hai só dous meses a posibilidade de repetir o duelo do 2017, finalmente teñen ante si o mesmo cartel electoral de fai cinco anos e introducirán nas urnas unha papeleta a favor de Marine Le Pen ou de Emmanuel Macron, o que en moitos casos non significará un voto de adhesión ao candidato elixido, senón máis ben de rexeitamento ao contrario.
Máis que nunca, os dous aspirantes ao Elíseo representan dous Francias que deixaron de ser de dereitas ou de esquerdas para dar paso a unha división vertical da sociedade. En grandes trazos: «a Francia de arriba», os que gobernan, as elites, os que viven nas grandes cidades, e «a Francia de abaixo», os obreiros, os pequenos comerciantes, a poboación rural; a Francia cun proxecto europeo e unha ambición reformista, e a Francia nacionalista, medorenta de perder o pouco ou moito que ten.
Durante estas dúas semanas entre as dúas voltas electorais, ambos os candidatos han ir modificando o seu programa para intentar atraer aos electores, ata o punto de forzar ao máximo as súas apostas. Como Emmanuel Macron, que lanzou unha batería de promesas ecolóxicas extraídas do programa do líder da extrema esquerda, Jean-Luc Mélenchon. Mentres que Marine Le Pen, que quería prohibir o uso do veo en calquera espazo público porque «é un uniforme islamita e non un uniforme musulmán», agora considera que este é un «problema complexo», e que a súa posición non é a dunha persoa «obtusa». O mesmo fixo coa reinstauración da pena de morte: antes dicía que calquera tema podería ser sometido a un referendo popular, pero agora matiza que votar para recuperar a pena de morte sería inconstitucional.



Noa Lagos González 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-04-2022 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0