Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“As feiras dos libros volven a Galiza”
“Esperamos retomar o pulso normal das feiras do libro, que queden atrás definitivamente os problemas sanitarios e que a xente poida participar sen medo”. Así se expresa Ramón Domínguez, presidente da Federación de Librarías de Galiza, ante o inminente inicio da tempada de feiras. Esta fin de semana comeza a primeira, a de Ferrol, e continuarán até finais de agosto nun total de trece sedes -unha máis que o ano pasado- nas que o libro será o protagonista de encontros nos que se poderá gozar dunha programación diferente, na que se combinarán as actividades lúdicas coas presentacións e firmas de libros habituais nestas citas.
“Temos que repensar ben o formato das feiras do libro”, continúa Domínguez, “porque a idea é convertelas nuns eventos cada vez máis potentes desde o punto de vista cultural, no que participen todos os actores que teñen que ver coa produción editorial e o mundo do libro e da lectura”.
A nova directiva da Federación busca que as feiras do libro non sexan exclusivamente un lugar de compra e venda, para se converteren nun impulso para a creación e nun espazo cultural que proxecte o libro cara a outras disciplinas. “Realmente pretendemos que as feiras non sexan só unha cuestión de mercado, que en si mesmo xa ten moito interese. Entendemos que deben ter outra dimensión e, sobre todo, que haxa un maior protagonismo da cidadanía, que debe ter maior participación na vida cultural desde unha maneira máis natural de achegarse a ela. As feiras do libro son unha forma de xerar cultura desde fóra do poder e deben permitir un vínculo máis directo entre creación e sociedade, máis participativo".
Algúns modelos xa están sendo probados, como na Selic de Santiago de Compostela, no que o protagonista da pasada edición non era soamente o libro, senón, máis en xeral, a lectura. Domínguez insiste en que están abertos a todas as fórmulas que permitan dar alcance e transcendencia ao mundo do libro. “A actual directiva leva algo menos dun ano traballando. Entramos en plena pandemia e iso tamén nos obrigou a situarnos nunha actitude de aprendizaxe permanente”.



Sara Prado Barrera 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-04-2022 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0