Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comeza en Ourense a 27ª edición da Mostra de Teatro Universitario
Malia os impedimentos postos pola "política cultural" do alcalde da cidade, a Mostra de Teatro Universitario de Ourense regresa ás súas datas habituais cunha programación de dezasete espectáculos que combina obras de grupos universitarios con outras de compañías profesionais.

Despois de dous anos co calendario cambiado por mor da pandemia, a Miteu de Ourense, a Mostra de Teatro Universitario, volve ter lugar nas súas datas habituais. Entre o 1 e o 16 de maio, a 27ª edición dun dos certames con máis raizame da Galiza presenta un programa no que, como é habitual, conviven as propostas do teatro universitario coas de compañías profesionais consolidadas. Entre as primeiras, pasarán por Ourense as de Covilhã (Portugal), Nafarroa, Lugo, Vigo, Pontevedra, Murcia e Burgos; entre as segundas, os coñecidos Pepe Viyuela.
Nun contexto en que segue a ser protagonista a particular cruzada do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Xácome, contra o mundo da cultura, esta edición terá que realizarse sen o tradicional apoio económico do Concello, o que dificulta o desenvolvemento do certame non só a nivel orzamentario: o Auditorio Municipal, por exemplo, unha das sedes habituais da Miteu, non poderá ser utilizado como escenario. E malia todo, a Mostra exhibe unha envexábel boa saúde, con dezasete espectáculos e unha variada panoplia de actividades paralelas.



Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-04-2022 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0