O Sergas confirma un caso de salmonelosis na área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, asociado a unha partida de ovos de chocolate, segundo confirmou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Trátase dun adulto que estivo ingresado en Burela e que xa recibiu o alta hospitalaria e hai outros tres casos en estudo en Galicia, pendentes de confirmar a súa relación directa coa inxesta dos ovos de chocolate.
Retirada de lotes de produtos fabricados en Bélxica
A alerta empezou cando a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición tivo coñecemento, a través da Rede de Alerta Alimentaria Europea dunha retirada de lotes de determinados produtos fabricados en Bélxica e distribuídos en distintos países.
Beatriz Pacetti Arias 1º B Bacharelato |