Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ADVIRTEN DE QUE AUMENTAN OS CASOS DE ANEMIA EN MULLERES VEXETARIANAS
As dietas veganas e vexetarianas están causando cada vez máis anemias por déficit de
ferro en mulleres en edade fértil, segundo a Sociedade Española de Xinecoloxía e
Obstetricia (SEGO). Nenbargantes, o sangrado menstrual abundante sigue sendo a
primeira causa deste problema. Nun documento publicado este xoves, os expertos
detallan que un 30 % das mulleres en edade fértil teñen un volume de sangrado
abundante e delas un 70 % ten anemia.
Pero entre os motivos que provocan este déficit de ferro, os xinecólogos e obstetras
alertan de que as dietas vexetarianas e veganas constituen unha causa cada vez máis
frecuente do desenrolo dunha anemia ferropénica (por déficit de ferro) na muller en
edade fértil.
Finalmente, o informe insiste en que as mulleres xestantes teñen máis necesidade de
ferro para completar as necesidades fetais e placentarias, así como para compensar a
perda de sangue que se produce durante o parto. Neste sentido, a Sociedade recorda
que, según a OMS, o 42 % das xestantes sufren anemia nalgún momento do
embarazo.
Entre a súas recomendacións, apostan por unha adecuada profilaxis, un precoz
diagnóstico e un correcto estudo e tratamento da anemia, xa que as súas causas son
diversas, como o son tamén as diferentes formas de abordarla. Segundo a SEGO, o
déficit de ferro está implicado en máis da metade dos casos de anemia e conduce a
efectos nocivos na saúde xeral das mulleres, incluso antes de que esta apareza.


Carla Mascareñas Miranda
1º Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-04-2022 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0