 O real decreto aprobado este martes entrará en vigor mañá, cando se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE). O Consello de Ministros aprobou este martes a nova norma sobre o uso de máscaras que elimina a obrigación
de levala na maior parte dos interiores, excepto en centros sanitarios e sociosanitarios e en todos os transportes.
O real decreto, que entrará en vigor mañá unha vez se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE), deixa en mans das empresas a potestade de impor ou non o uso aos traballadores a partir da valoración que fagan os servicios de prevención de riscos laborais, mentres que no resto de ámbitos pasará a estar só recomendada.
Será por exemplo o caso dos colegios, onde xa non será obrigatorio levar máscara nas aulas, aínda que si se aconsellará para os mestres con algunha vulnerabilidade; tampouco se exisirá en comercios, supermercados, restaurantes e bares, así como gimnasios, teatros, cines ou concertos, pero si será recomendable para persoas con factores de risco.
Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
|