Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A FAMOSA TIKTOKER RIVERSS, MOSTRA O BARCO ANTE MILLÓN E MEDIO DE SEGUIDORES

Subiu unha historia a Instagram na localidade ante o seu amplo público.
A tiktoker Marina Rivera, máis coñecida polo seu nome de usuario @_riverss_ en TikTok e Instagram, apareceu por un lugar inesperado da nosa terra: O Barco de Valdeorras. Riverss parece sucumbir aos encantos da capital da comarca, subindo dúas historias de Instagram na pasarela da área recreativa do Salgueiral.
O gran número de seguidores que acumula na rede social, máis de 1.500.000, puideron comprobar a beleza da paisaxe valdeorrés. Iso si, provocando o choque dos seus incondicionais barquenses.
A moza madrileña, de apenas 20 anos, fíxose famosa subindo vídeos no instituto. Agora ten case 6.000.000 de seguidores en TikTok e está considerada unha das influencers máis importantes da rede en España da actualidade.


Valentina Fernández Colmenero
1º Bach-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-04-2022 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0