Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Kiev acelera os preparativos para facer fronte á ofensiva rusa no Dombás
As autoridades ucraínas acusan a Rusia de bombardear unha estación de tren en Kramatorsk, na rexión de Donetsk. O Kremlin nega a autoría do ataque, que terminou coa vida de polo menos 50 persoas
#Ante a inminente ofensiva do Exército ruso, a poboación civil de varias localidades da parte do Dombás baixo o control de Ucraína viviu nas últimas horas un verdadeiro pesadelo ao ter que abandonar os seus fogares e emprender un éxodo imprevisible sen saber se poderán regresar e se as súas casas seguirán en pé cando o fagan algún día. Moscova segue preparándose para unha ofensiva no leste de Ucraína e continúa centrándose no asedio á cidade costeira de Mariúpol.
O foco ponse agora na estación de tren de Kramatorsk, na rexión de Donetsk, onde houbo un ataque a civís que deixa polo menos 50 mortes. Ucraína acusa a Rusia do ataque e as milicias prorrusas de Donetsk din todo o contrario, sinalando ás tropas ucraínas como autoras este bombardeo con foguetes sobre a estación ferroviaria.
Rusia culpa a Ucraína por un intercambio de prisioneiros errado
Rusia denunciou que o Goberno de Ucraína modificou os termos dun intercambio de prisioneiros previsto para este venres e que finalmente non se concretou. Segundo detallou o xefe do Centro de Control da Defensa Nacional rusa, o xeneral Mijail Mizintsev, a parte ucraína ha modificado pola súa propia conta o formato de intercambio xa planificado, segundo recolle a axencia rusa TASS.
«O intercambio de prisioneiros de guerra previsto para o 8 de abril, por culpa da parte ucraína, unha vez máis non levou a cabo. As autoridades ucraínas modificaron repetidamente o formato do intercambio e reduciron o número de prisioneiros de guerra declarados para o intercambio», denunciou o xeneral Mizintsev.
Estados Unidos rexeita a versión rusa sobre Kramatorsk
«É un episodio da brutalidade rusa na procura desta guerra e a súa falta de interese por evitar vítimas civís», afirmou o portavoz do Pentágono, John Kirby, sobre o ataque na estación de tren de Kramatorsk, onde morreron polo menos 50 persoas.
As fillas de Putin, entre as sancionadas
A Unión Europea ha adoptado este venres a quinta rolda de sancións contra Rusia que engade, por primeira vez, o embargo á importación de carbón.
A nova quenda de sancións inclúe a 18 entidades e 217 persoas, entre os que se atopan Mariya Putina e Katerina Tikhonova, as fillas adultas do mandatario, e varios oligarcas e empresarios rusos como o CEO de Sberbank, Herman Gref; o magnate da industria do aluminio, Oleg Deripaska; o principal dono Polyus Gold, a maior produtora de ouro de Rusia, Said Kerimov así como Boris Rotenberg, magnate das infraestruturas próximo a Putin.


Nerea Formoso Requejo
1º Bach-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-04-2022 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0