Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Beluga XL, un cetáceo con ás, maniobra no aeroporto de Vigo.
Un dos avións máis estraños que existen no panorama comercial mundial cruzou onte os ceos de Vigo. A construtora de aeronaves Airbus escolleu o aeroporto de Peinador para probar o seu Beluga XL, un avión cuxa fronte se asemella á do curioso cetáceo, debuxando os seus ollos e a boca na súa parte frontal para darlle máis semellanza. Procedente de Toulouse (Francia), o Airbus Beluga XL está destinado ao transporte de mercadorías desde a súa posta en funcionamento en 2019, principalmente para compoñentes e repostos de aeronaves. Cun 30% máis de capacidade que o anterior modelo Beluga e 63 metros de lonxitude, pode levar ata dúas ás dun A350. A súa base é o avión de pasaxeiros Airbus A330-200 e conta cunha extensión na parte superior da fuselaxe que recrea a forma da beluga. A aeronave realizou unha primeira aproximación a Peinador ás 11.15 horas despois de trazar un bucle pola zona de Vigo dende O Porriño ata os arredores de Barro, para situarse no extremo norte do aeroporto, manobra que repetiu en seis ocasións, pódese ver dende o centro da cidade e desde ambas as marxes da ría, que atravesou a 1.600 metros de altitude tras tocar a pista nun dos cinco pasos que fixo sobre a terminal de Vigo.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-04-2022 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0