Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Nobel de Química David MacMillan visita Santiago e pide "máis inversión na ciencia"
O Premio Nobel de Química 2021 visita Santiago para conmemorar o décimo aniversario do CiQUS e destacou que Galicia é un lugar "especial" con "xente xenerosa"
O Premio Nobel de Química 2021, David MacMillan, reivindicou este martes en Santiago de Compostela que "todos os países necesitan invertir máis na ciencia e que esa inversión sexa diversa".
Unha reclamación que proclamou un novo acto en Galicia, un lugar que definiu como "especial" e de "xente xenerosa". En parte por esa boa valoración de Galicia e dos galegos, o escocés non dudou en ensinar e compartir nun encontro cos medios de comunicación, na sede do rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a medalla do Nobel.
Un detalle que tamén tivo coa corporación do Concello de Santiago, onde firmou no Libro de Honor do consistorio, e anteriormente este luns có alumnado do instituto Sánchez Cantón de Pontevedra, cós que charlou nun coloquio.
O científico da Universidade de Princeton, nacido en Bellshill (Escocia) en 1968, acompañado polo Catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC, Jorge Mira e do director do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), José Luis Mascareñas, explicou aos presentes o descubrimento que lle llevou a alzarse có galardón internacional: a organocatálisis asimétrica, unha terceira vía de catalizadores basada en pequenas moléculas orgánicas.
Xunto a Benjamin List, MacMillan descubriu que, ademáis das enzimas e dos metais, a catálisis poderíase realizar mediante compostos que non levaban metais, o que supuxo a revelación dun método "máis verde". Así, determinadas sustancias químicas convertense en productos moito máis valiosos, tanto medioambientalmente falando como no ámbito económico, ademáis de ter unha enorme relevancia a nivel industrial, "sobre todo para a industria farmacéutica".
Pero, ¿cómo chegou ata esa conclusión? David MacMillan explicou que cando realizaba o seu posgrado en Harvard traballaba con catalizadores metálicos e moitos de elos eran sensibles ao aire, polo que tiña que emplearse con moita cautela. Por iso, considerou que esto era un problema e decidiu traballar en algo distinto. Nese momento, Macmillan pensou que se o corpo humano utiliza catalizadores todo o tempo que están no aire "¿por qué non podemos facer nos o mesmo?".
Deste modo, decidiu utilizar "pequenas moléculas orgánicas" que ademáis podense reciclar e descubriu esta terceira vía que permite evitar a utilización de metais.


Carla Mascareñas Miranda
1 Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-04-2022 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0