Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A xuíza de violencia de xénero de Compostela denégalle unha orde de afastamento a unha denunciante de malleiras habituais
A titular do xulgado de violencia sobre a muller de Santiago de Compostela, após de recibir declaración este sábado dunha sobrevivinte de violencia de xénero, que relatou malleiras constantes dende setembro de 2021, desconsiderou toda a súa declaración para denegarlle a orde de afastamento. Segundo documentación á que tivo acceso Nós Diario, a xuíza denegou a orde de protección á denunciante argumentando que “non ficaron acreditados un risco obxectivo para a vítima e os feitos acreditados só son constitutivos dun delito leve de inxurias ou vexacións inxustas”


A denunciante relatou no xulgado que desde setembro de 2021 viña recibindo agresións por parte da súa antiga parella. Asemade, testemuñou que a última malleira recibiraa a semana pasada que tras algunha delas acabou por ser abandonada no monte, despois de retirarlle o teléfono móbil de madrugada, sen posibilidade de chamar aos servizos de emerxencias ou sanitarios.

"Vanche fechar boca”

A vítima decidiuse a denunciar unha vez que recibiu unha mensaxe ameazante, sinalando que "vanche fechar boca", na que percibiu xa un risco definitivo para a súa vida. Esta circunstancia da falla de denuncias e asistencias médicas anteriores foi utilizada contra ela pola Xulgadora, para denegarlle a orde de protección.

A denunciante acudiu ao xulgado acompañado dunha testemuña que declarou que desde o mes de decembro lle leva aconsellando á afectada que denuncie na policía relatando varias agresións.

A testemuña declarou ante a xuíza que a sobrevivinte lle refería os insultos que recibía constantemente por parte da súa exparella, e que até en tres ocasións puido ver persoalmente os mouratóns que a sobrevivinte tiña nos antebrazos e no pulso.



Beatriz Pacetti Arias 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-04-2022 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0