Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Formoso presenta ao PSdeG como alternativa de goberno para a Xunta
O secretario xeral dos socialistas galegos acudiu hoxe a Vilalba, onde insistiu en presentar ao PSdeG como alternativa ao PP.


Valentín González Formoso visitando a Feira do Queixo San Simón da Costa en Vilalba.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe aos socialistas galegos como alternativa de goberno a unha Xunta “ausente, máis preocupada pola sucesión de Feixoo que polos problemas reais do país” precisamente nun “momento crítico para Galiza”.


Partido de goberno
Formoso sinalou que os socialistas galegos queren “liderar a posibilidade de cambio de Goberno” demostrando que hai “outra forma de gobernar”. Así, na súa visita á Feira do Queixo San Simón da Costa en Vilalba, marcou, tamén, distancias co BNG, afirmando que “non é o partido das pancartas, nin o partido do non”.


O líder do socialistas presentou o PsdeG como un “partido afianzado nas institucións”, que demostra unha alternativa “de goberno”, como demostra a xestión nos concellos de Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo ou A Coruña, ou en Vilalba, un “lugar simbólico” que apostou “polo cambio logo de 30 anos de Goberno do PP”.


O máximo dirixente dos socialistas galegos contrapuxo “a ausencia do PP e do Goberno galego” coa proposta de “lanzar un decálogo básico” de medidas para que “a cidadanía galega poida entender cales son as nosas prioridades”.


Formoso quixo “manifestar o apoio do PSdeG e a lectura que fai do sector leiteiro e de toda a cadea agroalimentaria do país como un sector estratéxico”, que “supón 2% do PIB da Galiza, e que produce máis da metade do leite de todo o Estado”.


As dúas caras de Feixoo
O PSdeG vén de lanzar nas súas redes sociais un vídeo centrado nas “dúas caras” de Feixoo, contrastando a imaxe de moderación do aínda presidente da Xunta coa realidade das súas declaracións máis recentes.

Os socialistas significan que “o vídeo sinala a contradición entre a imaxe de moderación e a xustificación do pacto coa ultradereita, as ofensas contra o Goberno central ou as saídas de ton en materia de violencia machista”.


O vídeo aféalle a Feixoo os seus acordos coa extrema dereita e, moi particularmente, do apoio do aínda mandatario galego ao acordo entre os populares e Vox en Castela e León.



Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-04-2022 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0