 Día 37 da invasión. A OTAN alerta de que as forzas rusas se reagrupan para unha nova ofensiva. Kiev sostén que Rusia esquécese por agora da capital e céntrase en Mariúpol. Zelenski destitúe do seu cargo a dous xenerais por «deslealdade» ao pobo ucraíno
Rusia mantén que está a mobilizar ao groso das súas tropas para a ofensiva final no Donbás, mentres tanto Ucraína como a OTAN aínda recelan do anunciado reagrupamento do Exército ruso, especialmente no norte e ao redor da capital, Kiev. A OTAN teno claro: Moscova mente de novo sobre a retirada e só busca gañar tempo.
«Garantías de seguridade» para Ucraína
O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, reafirmou #ante o seu homólogo francés, Emmanuel Macron, a importancia de que o seu país con «garantías de seguridade» no marco das negociacións coa parte rusa para poñer fin ao conflito.
Ao termo dunha conversación entre ambos os mandatarios, Zelenski detallou a través da súa conta na rede social Twitter que abordou con Macron o proceso de negociacións, «o rumbo e as perspectivas», ademais das mencionadas «garantías de seguridade».
Segundo o mandatario ucraíno, tamén dialogaron sobre como as forzas ucraínas están «a contrarrestar» a agresión rusa e abordaron igualmente o asunto dos corredores humanitarios en Mariúpol, unha das cidades máis castigadas pola ofensiva rusa.
Entra en vigor pago de gas ruso en rublos sen que Gazprom peche as tubaxes
O decreto presidencial que obriga aos compradores do gas ruso a pagar as subministracións en rublos entrou en vigor hoxe mentres o xigante gasístico ruso Gazprom informou os seus clientes dos nevos mecanismos pero sen pechar aínda as súas tubaxes.
O portavoz do Kremlin, Dmitri Peskov, afirmou que dita medida «era a variante preferible e a máis segura nas condicioens actuais», despois de que Occidente conxelase parte das reservas rusas en divisas. Iso si, non descartou que os mecanismos de pago poidan variar «se as condicións cambian».
Nerea Formoso Requejo
1º Bach-A
|