Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

'Os espazos en branco', un filme que se achega a Xela Arias cunha perspectiva "íntima e familiar"
É a ópera prima de Bruno Arias, o seu sobriño, que recoñece a grande "influencia" de Xela na súa vida, e unha herdanza, o "impulso creativo".

Este domingo principiou no concello de Sarria a rodaxe do filme Os espazos en branco, a ópera prima do vigués Bruno Arias, que se achega á figura da súa tía, a poeta Xela Arias.


A película, segundo informan desde o equipo de comunicación, "nace do proxecto A unidade componse da desorde, que recibiu a axuda de talento da Agadic en 2021".


"Como se pode querer a quen non se coñece? Que parte do que somos vén de imaxes que non
temos? Canto dunha persoa hai nas lembranzas que quedan sobre ela?". Estas son algunhas das "preguntas universais" que o director formula neste filme.


"A película busca abordar a Xela Arias dende unha perspectiva íntima e familiar e estabelecer un diálogo coa ausencia, un traxecto polos camiños da memoria", precisan.


Bruno Arias: "Xela é máis que un recordo fugaz ou unha referencia: é persoa, con todos os matices"
Arias explica que a idea de dirixir este filme naceu "hai tempo", se ben non lle comezou dar forma até finais de 2020. A elección de Xela para o Día das Letras Galegas de 2021, afirma, foi o "último pulo" que lle faltaba ao proxecto.


"Levo moito tempo cunha espiña cravada: non lembro case nada dunha das persoas que máis me influíu na miña vida. A miña tía Xela morreu cando tiña 5 anos e só me quedan dela as memorias doutras persoas", conta o autor.

Agora, 18 anos despois, quere "transitar as caras e lugares" para dar luz a ese "conflito interno" a través da "primeira herdanza" que lle deixou, "o impulso creativo".


O equipo de rodaxe está composto por Bea Villar, Lucía Ramiro, Miguel Gomar, Miguel Sambréijome, Lucía Amado, Antía Carreira, Paula, V. Guisande, Xandre Táboas, Raúl López, Alba Otero, Maite Martínez, Laura Piñeiro, Xoana Díaz, Paula Quiroga e Iván Castro. Álvaro Liste encárgase da produción.



Patricia del Valle Guede Ochoa 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2022 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0