Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de 12.000 sismos nos Açores desde o 19 de marzo
As autoridades advirten da "posibilidade real" dunha erupción volcánica en São Jorge, mais precisan que "non é inminente".
Sismos rexistrados en Sao Jorge.

A terra segue a tremer no arquipélago portugués dos Açores, e máis concretamente na illa de São Jorge, que desde o pasado 19 de marzo está a sufrir constantes sacudidas.


O Centro de Informação e Vigilância Sismovulcânica dos Açores (Civisa) notificou a última hora deste sábado, a través dun comunicado recollido polo xornal Público, que entre as 10 e as 22 horas [hora local] do día rexistráranse 210 sismos; 770 desde a medianoite.


Porén, na sexta feira tivérase constancia duns 870 eventos sísmicos, "o que reflecte uma ligeira diminuição da actividade sísmica", apuntou o Civisa, que engadiu que os rexistrados foron de baixa magnitude.



Máis de 12.000 sismos nos Açores desde o 19 de marzo
En total, nos últimos días producíronse arredor de 12.700 tremores no municipio de Velas e os lugares de Rosais, Urzelina e Santo Amaro, principalmente.

São Jorge ten 8.373 habitantes, dos cales 4.936 residen en Velas e 3.437 no concello da Calheta. Segundo o xornal Expresso, até este domingo abandonaron a illa perto de 1.250 persoas.


O Goberno rexional dos Açores xa advertira na quinta feira da "posibilidade real" de que a actividade sísmica provocase unha erupción volcánica e ordenou preparar un dispositivo de evacuación por se for preciso, ao tempo que instou as persoas vulnerábeis a abandonar a illa.

No seu comunicado deste sábado, o Civisa ratificou esta advertencia: "Existe a possibilidade real de se poder vir a registar uma erupção vulcânica, mas não há evidências de que tal esteja iminente".



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2022 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0