Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 'ABC' sobre Tanxugueiras: "O folclore ten dificultades para pórse ao día e saír do agro e das enaguas"
O diario estatal ABC critica as Tanxugueiras e a súa proposta, recoñecida desde a perspectiva musical, cuestionando a "dificultade do folclore para pórse ao día e saír do agro e das enaguas".

A poucos días de que comece o Festival de Benidorm (País Valencià), que determinará o grupo artístico que representará o Estado no festival de Eurovisión deste ano, os medios estatais comezan a pór o foco no certame e nas posíbeis vencedoras. Entre as máis recoñecidas nas semanas previas ao concurso no que participarán até 14 formacións están as Tanxugueiras. En apenas un mes, Terra, a canción que levarán ao País Valencià, e quen sabe se a Eurovisión, foi reproducida 2,3 millóns de veces na plataforma Youtube.
Tendo en conta que na historia do festival ningún artista foi seleccionado para interpretar unha canción nunha lingua do Estado que non fora o castelán, a expectación creada pola súa participación tamén espertou a crítica dos sectores máis conservadores e a extrema dereita.
Nese sentido, un artigo do ABC asinado por Jesús Lillo no que repasa os grupos que participarán no certame, cualifica o grupo galego de exemplo “dun tribalismo, neste caso galego, algo forzado e que pon de manifesto a dificultade do folclore para pórse ao día e saír do agro e das enaguas”.
Algo que, segundo sostén, non acontece co flamenco, que cualifica de "moi evolucionado, traballado desde hai décadas en talleres e laboratorios".


Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-01-2022 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0