Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“As experiencias mulleres no mundo rural chegan ao museo”
O programa "Mulleres rurais" que activou a Rede Museística da Deputación de Lugoo ano pasado, conta xa con dúas experiencias expositivas que se poden ver no Museo Provincial da cidade amurallada desde esta semana: 'Recolectoras: Memoria e terra' e 'Proximidade Llunyana'.
O proxecto nace ao redor do Día das Mulleres Rurais, o 15 de outubro, mais a idea da xerente da Rede e coordinadora desta proposta, Encarna Lago, é que transcenda a efeméride.
A primeira destas propostas, 'Proximidade Llunyana', lémbranos a emigración de Lugo a Barcelona no século XX, representada polo testemuño de mulleres que nos achegan á realidade do éxodo rural da posguerra. Conmemora a vida das mulleres que renunciaron a todo o seu universo coñecido polo desexo dunha vida mellor.
O proxecto pretende revivir as súas historias, mostrando os museos como contedores e conectores da memoria colectiva e construíndo historias individuais que aporten unha perspectiva global de como a emigración afectou ás netas, nais e avoas. O equipaxe, na mostra, é algo máis que un obxecto e centra o espazo expositivo. O obxectivo é indagar, investigar e conservar as historias familiares co fin de buscar respostas do pasado para poder mirar cara ao futuro.
O segundo proxecto leva por título 'Recolectoras: Memoria e terra' e desenvólvese mediante xornadas de co-creacións artísticas coa comunidade en conversa con artistas contemporáneas do tecido cultural galego. A idea é xerar narracións colectivas que poñan en primeiro plano a realidade da figura feminina do rural galego.
Pretende, como o seu nome indica, recolectar a realidade da contorna rural desde e coas propias protagonistas, as mulleres. Está deseñado a través de conversas transversais nas que se traten problemáticas vencelladas ao despoboamento, reivindicando o primeiro sector como base económica da sociedade.



Sara Prado Barrera 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-01-2022 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0