O Entroido terá o seu protocolo a vindeira semana, segundo confirmou o conselleiro de Sanidade. O subcomité clínico completou un borrador que será presentado o martes ao comité clínico para a súa aprobación. O Entroido aínda é longo, pero en zonas de Ourense comezarán algunhas actividades a principios de febreiro.
A folla de ruta centrarase no uso dos espazos públicos, insistindo no cumprimento de medidas de seguridade como o uso da máscara ou a distancia. A previsión é que se aprobe o martes, polo que o Entroido de Xinzo xa comezaría co protocolo en marcha. A pesar diso, as actividades musicais do Petardazo xa están canceladas e mantense a tradicional conta atrás e en Laza confirmouse onte a suspensión dos disturbios.
Outro punto que valora Sanidade é o número máximo de persoas que poden comer xuntas no ámbito privado. De momento manteñen unha recomendación de que non superen os 10.
MARÍA FERREIRO RODRÍGUEZ
1º BACH- A
|