Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA NENA DE 7 ANOS, A «YOUTUBER» FEMENINA MELLOR PAGADA
A youtuber de sete anos Anastasia Radzinskaya, protagonista do canle Like Nastya, é a sexta persoa cos ingresos máis altos do 2021 na prataforma de vídeo que é titularidade de Google. Así figura nunha lista que a recolle a ela e a outros nove youtubers mellor pagados, todos homes excepto ela.
A relación, recollida por Europa Press, está liderada por MrBeast, cuxo nome real é Jimmy Donaldson. É o creador do contido que obtivo maiores ingresos da prataforma durante o pasado ano 2021, con 54 millóns de dólares (47,35 millóns de euros), como ten informado a revista Forbes, que publicou a súa lista dos 10 youtubers mellor pagados do 2021.
Donalson sucede así ao neno de dez anos Ryan Kaji, que foi primeiro no último ránking, que se tiña elaborado e tamén no 2019. Koji, que leva a cabo reseñas de xoguetes, foi o canle con máis ingresos no 2020, con 29 millóns de dólares (25,4 millóns de euros), e cae na presente lista á séptima posición, con 27 millóns de dólares (23,7 millóns de euros).
Koji sitúase xusto por detrás de outro canle infantil, o da nena de sete anos Anastasia Radzinskaya, coñecida polo seu canle Like Nastya, que se colocou na sexta posición, con 87,5 millóns de suscriptores.
Radzinskaya, que migrou de Rusia a Estados Unidos cos seus pais, xa estivo presente na lista de Forbes do 2019 e 2020. No primeiro ano logrou recaudar 18 millóns de dólares (15,8 millóns de euros) e sitúase na terceira posición do ránking, frente aos 18,5 millóns de dólares (16,2 millónss de euros) do 2020.
No seu canle, Nastya relata as actividades case cotiás da súa vida, coas que ten gañado 28 millóns de dólares (24,6 millóns de euros). Por exemplo, un dos vídeos máis vistos o ano pasado consistiu nunha reunión con varios amigos mentras decoraban pasteis de Halloween.
Parece ben asesorada, pois o ano pasado vendeu os dereitos dos seus vídeos máis antigos a Spotter, pero reservouse os dereitos dos que posteará en adiante; ademais, tamén creou a súa propia roupa e produtos persoalizados.
Entre o resto de youtubers mellor pagados da prataforma, en segunda posición encóntrase o canle do boxeador Jake Paul, que volve á lista de mellor pagados despois do 2018 con 45 millóns de dólares (39,5 millóns de euros) recadados.
Síguenlle Markiplier, en terceira posición por diante do canle Rhett and Link, carto, e Unspeakable, quinto.


Carla Mascareñas Miranda
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-01-2022 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0