 Un veciño do Barco foi trasladado ao Hospital Público de Valdeorras polos sanitarios da ambulancia do 061 como medida preventiva tras inhalar o fume que desprendeu o pequeno incendio que se produciu na campá da cociña.
O suceso ocorreu ás 11:40 h e o lume foi extinguido por axentes da Garda Civil cun extintor. Ata o lugar acudiron tamén a Policía Local e os Bombeiros. Este procedeu a revisar o edificio para comprobar que as lapas non afectaban a outras partes do mesmo.
Valentina Fernández Colmenero
1 Bach-A |