Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DARÍO VILLANUEVA GAÑA CON ‘MORDERSE LA LENGUA’ O PREMIO FRANCISCO UMBRAL
Exrector da USC, exdirector da RAE e catedrático, asegura estar moi satisfeito con este ensaio, a súa primeira incursión no xénero
A Fundación Francisco Umbral otorgou onte o undécimo Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano 2021 a Darío Villanueva (Vilalba, Lugo, 1950), escritor e exdirector da Real Academia, por Morderse la lengua. Corrección política y posverdad, un ensaio editado por Espasa.
Trátase da segunda ocasión na que o premio da Fundación Francisco Umbral recoñece o xénero do ensaio, despois de Transición de Santos Juliá, segundo destacou no día de onte o presidente do xurado, Manuel Llorente, quen asegurou que o libro de Darío Villanueva “resulta unha lectura moi relevante nestes momentos de despiste e confusión da sociedade”.
O premio está dotado con 12.000 euros, unha cantidade coa que o Concello de Majadahonda (Madrid) contribue como patrono á Fundación Francisco Umbral, e unha escultura diseñada por Alberto Corazón.
Villanueva asegurou tras coñecer o fallo do xurado que está moi satisfeito con Morderse la lengua: “É o meu estreo como ensaista de temas non estrictamente literarios e é un libro que me está dando moitas alegrías. Quizáis porque saliu no momento oportuno, a posverdade e a corrección política están no candeleiro e a todos nos afecta”.
Un libro no que Villanueva afirma que na globalizada sociedade da información “tense instalado a desinformación da man de dous fenómenos sintomáticos do noso tempo: a corrección política e a posverdade, manifestacións contemporáneas da quebra da racionalidade e a estupidez”.


Carla Mascareñas Miranda
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2022 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0