Felipe VI e Pedro Sánchez, completan o traxecto entre Madrid e Ourense antes do horario
previsto. O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, fala de "un día histórico" para a súa
comunidade. Vinte anos despois de que José María Aznar e Manuel Fraga colocaran o
primeiro travesaño, unha declaración de intencións e pouco máis, o AVE chegou por fin a
Galicia. E fíxoo por debaixo do horario previsto, con saída desde a estación de Chamartín
(Madrid) ás 9.41, catro minutos antes do previsto, e entrada en Ourense ás 12.16, 10
minutos antes. A aglomeración de cargos institucionais e de cadros políticos de todas as
condicións e unha banda incansable de gaiteiros resumían o sentido do final da obra.
Antia Vieira
2º BAC |