Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un terzo dos galegos de 18 e 20 anos teñen un título de formación profesional
O futuro do emprego pasa pola FP, que en España recibirá tras a crise do covid unha inxección de diñeiro de Europa. Hai comunidades onde esta etapa educativa está máis desenvolvida que noutras, e Galicia atópase á cabeza. Tanto, que sobre un terzo dos mozos de 18 e 20 anos teñen un título de FP, porcentaxe soa superada nos ciclos de grao medio por Cantabria e nos de superior por esta comunidade e o País Vasco —líder indiscutible en España—.


Os datos detállaos en Ministerio de Educación e FP no seu informe «Sistema estatal de indicadores da educación 2021» sobre o curso 2018/19, antes da pandemia. Segundo esta información, no 2019, de cada 100 galegos de 18 anos, 28 tiñan un título de FP de grao medio; e de cada 100 mozos de 20 anos, 35 contaban co seu título de FP superior, no que é unha fotografía puntual dun ano concreto que indica como avanzan os estudos. E en Galicia a situación é en cuestión de FP mellor que noutras partes de España.


A comunidade mellor situada é sen dúbida o País Vasco, que leva décadas investindo diñeiro e esforzos nesta etapa. Así, o 42% dos mozos que tiñan 20 anos no 2019 eran técnicos superiores de FP; e un de cada catro de 18 anos tiña o título de ciclo medio


Paula Martínez
2º BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-12-2021 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0