A multinacional galega segue imbatida no mapa mundial dos líderes do téxtil tras a pandemia
«A nosa inspiración non está só nas pasarelas. O meu gran consello a quen queira facer algo rompedor é que mire á rúa. É a gran pasarela», afirmou Amancio Ortega, fundador de Inditex, bastantes anos antes de deixar a primeira liña de xestión da compañía, cuxas rendas asumirá en breve a súa filla Marta Ortega.
Chegado o momento da substitución xeracional, a regra de ouro do fundador segue tan vixente como o primeiro día, e é unha das principais razóns que explican que a multinacional téxtil de Arteixo siga marcando distancias cos grandes grupos que lideran o mapa mundial da moda de gran consumo.
Pero nada está gañado para sempre nun mercado en contracción, que este ano aínda seguiu por baixo dos niveis previos ao estalido do covid, e o liderado de Inditex, seguida de H& M, non está exento de riscos. Por exemplo: nos dous maiores mercados maduros para a moda, Estados Unidos e Europa, rabuñan cota Shein, Boohoo, Asos e Zalando, nacidos en liña e xa entrado o presente século.
Candela Rodríguez Lorenzo
2º BAC |