Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA PARELLA ILUMINA O CEO DE GONDOMAR
Unha parella de Gondomar ilumina cada noite o ceo de Mañufe cun artístico espectáculo navideño diseñado e feito por eles mesmos. Dende a estrada de A Ramallosa, a varios kilómetros de distancia, é visible a sús vivenda en canto encenden as 19.000 bombillas led que compoñen a súa decoración. A Miguel e a Tamara Santos sempre lles gustou desfrutar do Nadal, pero a súa ilusión e dedicación pola decoración destas datas tivo un antes e un despóis pola covid. Esta parella descubriu no confinamento o momento de dar renda solta a súa imaxinación. O ano pasado sorprenderon a todos os seus veciños cunha árbore de seis metros de altura e 3.660 bombillas led e este ano superáronse dobrando a aposta.
Son máis de 7.000 as bombillas que iluminan a súa árbore, cuxa coroa iguala o teito da casa. Gracias a un camión grúa que lle prestaron en Elevacións Rama, puideron colocar as dúas estrelas que coroan o abeto e, dende a cima caen un total de 64 tiras luminosas que compoñen o escenario sobre o que se representan as súas coreografías lumínicas.
Miguel é inxeñeiro informático e diseñou o programa que permite acompasar os xogos de luces coa música. O espectáculo arranca cada día ás seis da tarde, en canto escurece e prolóngase ata as dez. Ás horas en punto e, seguindo a banda sonora que sona polos autofalantes cunha selección de cancións universais, as luces parecen ter vida propia e danzar dibuxando figuras de distintas cores sobre o abeto durante uns vinte minutos. O xogo de lucería mantense o resto do tempo pero sin música.
Ademais de ter duplicado o número de luces, ampliaron o escenario e os elementos en escena. Adornaron tamén outras árbores e, este ano, tamén está Papa Noel a bordo dun trineo tirado por cans en vez de renos.
Tras esta posta en escena hai meses de traballo. Esta xoven parella que ilumina o Nadal en Mañufe explica que os preparativos arrancaron xa en agosto, en canto reciben o seu pedido de luces. A ilusión que conseguiron contaxiar o ano pasado entre os seus amigos e veciños compénsalles o esfuerzo.


Carla Mascareñas Miranda
1º Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-12-2021 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0