Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Valdeorras clama por unha sanidade “digna”
Fontes policiais e da organización cifran nunhas 4000 persoas os asistentes á manifestación.
Máis de mil persoas, 4000 segundo fontes policiais e da organización, recorren ás rúas de O Barco na defensa da sanidade pública tras varias semanas de concentracións ás portas do Hospital do Barco de Valdeorras, o calendario de protestas culmina hoxe con esta manifestación na que se corearon consignas contra a xerencia e a Consellería de Sanidade e a favor de recuperar os servizos perdidos. “ Non queremos listas, queremos especialistas!”, clamaban.
Ao berro de “Conselleiro atende, Valdeorras xa se defende!”, miles de persoas ocuparon as rúas de O Barco para pedir unha atención sanitaria “pública e digna para as comarcas do oriente ourensán”.
Loitan pola “ a recuperación dos perdidos servizos que posúa o Hospital Público de Valdeorras e dos cadros de persoal da Atención Primaria, así como as mellores en estrutura dos centros e material de traballo”, segundo informou a xunta de persoal do citado Distrito Sanitario. Nun escrito que viu a luz co inicio das mobilizacións, os representantes dos traballadores consideran “crítica” a situación que atravesa o Hospital Público Valdeorras, en O Barco. Encontran unha “dramática falta de profesionais e a desaparición ou a mingua cruel de servizos clínicos”.


Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0