Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

España restrinxe a entrada de non vacinados do Reino Unido, que xa ten dous casos da variante ómicron
Sen de momento detectar ningún caso da variante surafricana do SARS- CoV-2 que puxo en alerta a toda Europa, España activou xa as engrenaxes necesarias para cortarlle o paso. A través de dúas disposicións publicadas este sábado no Boletín Oficial do Estado, unha do Ministerio de Sanidade e outra do de Interior, o Goberno restrinxiu a entrada no país non só de viaxeiros procedentes dos países africanos considerados de alto risco -actualmente Botsuana, Suazilandia, Lesoto, Mozambique, Namibia, Sudáfrica e Zimbabue-, aos que non permite pasar sen proba negativa, independentemente de que estean vacinados, senón tamén aos do Reino Unido, a quen desde o próximo 1 de decembro non deixará entrar sen un certificado que acredite a dobre pauta vacunal. Ata o de agora as persoas procedentes de Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte podían acceder a chan español só con test diagnóstico negativo ou cun documento no que se especificase que se superou a enfermidade.

O continente europeo leva especialmente inquieto desde que o venres Bélxica revelou que o luns pasado había detectado o primeiro caso de ómicron, o subtipo B.1.1.529 do virus de Wuhan que a OMS xa cualificou de «variante de risco». O Reino Unido confirmou hoxe dous contagios no seu territorio, os dous vinculados entre si e con conexión con viaxes ao sur de África, e Alemaña outros dous, en Baviera. Os Países Baixos secuencian contra reloxo os 61 casos localizados en dous voos procedentes de Sudáfrica para saber cantos deles pertencen a esta nova modificación do virus.

Candela Rodríguez Lorenzo
2º BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0