Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia fóra do estado de emerxencia sanitaria
Alberto Núñez Feijoo, o presidente da Xunta, anunciou este xoves o cesamento da emerxencia sanitaria e os aforos e horarios limitados que entrarían en vigor na noite do venres ao sábado. Manténse o protocolo fronte ao covid dos centros de ensino; o remate da emerxencia supón desactivar o Plan territorial de emerxencias de Galicia, e mentres se remata situación, as autoridades competentes son capaces de tomar as medidas que consideren necesarias para o control da pandemia.

O feito de que a situación de emerxencia levántese antes que os cambios en aforos e horarios é debido a que a primeira só necesita o acordo do Consello de la Xunta, mentres que na segunda opción precísase a ratificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O DOG mantén unha situación de crise sanitaria, polo que seguirá sendo obrigatorio o uso de máscaras, a distancia de seguridade interpersoal mínima e a regulación dalgunhas actividades. O boletín oficial de Galicia afirma que resulta necesario ter cautela e responsabilidade persoal, tendo presente a hixiene frecuente de mans; distancia interpersoal mínima; uso de máscaras,ventilación dos espazos utilizados e a adopción das medidas de illamento e a comunicación cos servizos de saúde no caso de posuír síntomas propios do covid.

Co próximo cesamento que viviremos das medidas contra a pandemia, os negocios, as actividades e a nosa vida voverán a ser coma sempre, con esperanza xa estaremos de novo na nosa normalidade.



Clara Nieto Cancho 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2021 02:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0