Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Unha homeaxe poética ás ancestras”
A poeta María Mariño, noiesa de berce, fixo do Courelo seu universo vital e literario. Alí iniciou unha fonda amizade con Uxío Novoneyra e coa súa familia. Nese mesmo espazo de resistencia que agora acolle a súa Casa-Museo, recentemente habilitada pola fundación do poeta, entidade que a custodia, presentarase "Matrias Illadas", proxecto artístico multidisciplinar artellado por Neves Seara, artista plástica e performer, xunto a Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora. A inauguración da iniciativa, realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo da Xunta de Galiza, terá lugar esta sexta feira, 22 de outubro.
Ambas as dúas artistas teñen colaborado xuntas en diversos proxectos nos que performance, fotografía e poesía se amalgaman. "Partillamos inquedanzas e temas moi afíns, tanto a nivel persoal como artístico", conta para Nós Diario a súa impulsora, Neves Seara.
"Matrias Illadas" nace dunha conversa, "case de forma intuitiva, sen guión fechado, como un xogo". Unha forma de descubrirse "mutuamente". Neste proceso, Tamara Andrés "íame lanzando un verso e eu ía disparando unha fotografía e ao contrario".
Creando man a man, "sen diálogos demasiado sisudos", toda unha acción creativa conxunta que agroma desde a cerna, en feminino. Porque desta volta o punto de encontro son as ancestras, "mais non só as nosas ancestras familiares, as mulleres das nosas familias, que son figuras moi potentes para nós á hora de crear", senón tamén un pouco esas matrias illadas, "esas ancestras illadas que fan parte da nosa cultura". Unha cultura que para Seara e Andrés permanece "oculta, en silencio, porque non é unha cultura regrada: non son aquelas recollidas da tradición oral, expostas en museos e impresas en libros".



Sara Prado Barrera 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2021 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0