Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os ósos do Apóstolo poderían estar confundidos, segundo unha análise forense
O antropólogo Fernando Serrulla expón a hipótese de que o cranio incompleto atribuído a Santiago Alfeo puidese ser o de Santiago o Maior. As lesións nos restos óseos atribuídos a Santiago fillo de Alfeo (Santiago o Menor) que conserva a catedral non son compatibles coas que corresponderían ao seu martirio tal e como o narran os textos relixiosos, polo que non se descarta que poidan estar confundidos.Esta é unha conclusión á que chegou e expuxo publicamente hai anos o antropólogo forense Fernando Serrulla tras estudar en 1991, por encargo da Xunta, estas reliquias durante os dez días autorizados pola Igrexa, sen poder sacalos da basílica.Agora, o responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia completou o seu estudo mediante a análise de documentación histórica e expón outra hipótese: o cranio incompleto atribuído a Santiago Alfeo puidese ser o de Santiago fillo de Zebedeo, Santiago o Maior.
Noa Fernández Rodríguez
n° 9
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-10-2021 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0