Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

China probou en agosto un mísil hipersónico en órbita, segundo o ‘Financial Times’
China realizou unha nova proba espacial cun mísil hipersónico en órbita o pasado agosto, segundo informa o Financial Times ( FT). O artigo, que cita a fontes que estaban ao tanto da proba, indica que Pequín lanzou en agosto un mísil con capacidade nuclear que deu a volta á Terra en órbita baixa antes de descender cara ao seu obxectivo, do cal caeu a máis de 32 quilómetros de distancia, segundo tres fontes do diario.

O planeador hipersónico foi transportado por un foguete Long March, cuxos lanzamentos xeralmente anúncianse, mentres que a proba de agosto mantívose en segredo. O progreso de China no sector das armas hipersónicas “tomou por sorpresa á intelixencia estadounidense”, segundo o artigo. “A proba demostrou que China fixo un progreso asombroso en materia de armas hipersónicas e que está moito máis avanzada do que os funcionarios estadounidenses crían”, afirma a información, citando a persoas informadas da intelixencia.


Ademais de China, Estados Unidos, Rusia e polo menos outros cinco países están a traballar na tecnoloxía hipersónica. Os mísiles hipersónicos, como os balísticos tradicionais con capacidade de transportar armas nucleares, poden voar a máis de cinco veces a velocidade do son. O mes pasado, Corea do Norte dixo que probara un mísil hipersónico recentemente desenvolvido. Nun desfile de 2019, China mostrou os seus avances en armamento, incluído o seu mísil hipersónico, coñecido como DF-17. Mentres, Rusia afirmou o pasado 4 de outubro que lanzara con éxito un mísil hipersónico (o Zircon) desde un submarino no Ártico.

Claudia Fernández
2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-10-2021 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0