Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello de Lugo descobre unha placa e anuncia que prepara unha gran homenaxe
O Concello de Lugo homenaxeou na tarde deste venres ao artista Paco Pestana, falecido o pasado luns, dedicándolle un banco na praza Anxo Fernández Gómez, detrás da Casa Consistorial.

A actividade de lembranza foi levada a cabo pola área de Cultura e promovida polos artistas locais Vanessa Díaz e Luciano Pérez, que se achegaron para descubrir a placa que o Concello colocou no banco onde habitualmente se sentaba Paco Pestana, xunto ao artista Otero Regal, que non puido acudir ao acto. Dá a casualidade de que o banco está situado diante da escultura de Ánxel Fole.
O acto de homenaxe municipal contou coa presenza de membros do goberno local e de representantes dos grupos con presenza na corporación. Ademais, achegáronse representantes de distintos colectivos locais relacionados coa Cultura e amigos do artista finado.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que «desde o Concello de Lugo realizaremos a mellor homenaxe posible a Paco Pestana», para o que, segundo explicou a edil de Cultura «escoitaremos as propostas do tecido cultural local e das persoas achegadas ao artista». Nos últimos días apareceron múltiples propostas a través das redes sociais, apoiadas por artistas, para lembrar a figura de Paco Pestana.

Precisamente que o banco no se que soía sentar Pestana estivese enfronte da imaxe de Ánxel Fole disparou as propostas de innumerables artistas e creadores lucenses para que se faga unha estatua de Paco Pestana diante da do ilustre escritor.

Tamén un bo grupo de intelectuais lucenses se sumaron a unha campaña na plataforma Change.org para que se dedique unha rúa, unha praza ou un monumento para lembrar a figura de Paco Pestana, un creador nado en Castroverde pero moi vencellado coa cidade de Lugo e, en especial, co Museo Provincial e a Praza da Soedade.

A artista Luz Darriba, gran amiga de Pestana, iniciou en Internet a campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma Changer.org, onde se pode ler: «Un artista fundamental para a cultura galega acaba de morrer sorpresivamente. Escatimáronselle en vida moitos recoñecementos. Pedimos que algún espazo publico da súa cidade ou provincia leve o seu nome: PACO PESTANA. Solicitamos ás autoridades pertinentes que se ocupen diso. A cultura é imprescindible, a arte é imprescindible. Sen cultura non hai identidade popular e nada ten sentido».

Aldara Fernández Bello 2ºbach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-10-2021 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0